Vistas de página en total

domingo, 15 de mayo de 2011

XOAN PASTOR: "O MANDATO SERÁ DOS MOZOS E CRECEMENTO.

Entrevista publicada o 15/05/2011 de "La Voz de Galicia·

Cun traballo xa feito moi importante, sentando as bases de infraestruturas para o crecemento do concello, o PXOM, o Viveiro de Empresas, a renovación tecnoló-xica, o crecemento e o emprego serán os novoretos.
.
¿Cal sería o resumo dos seus 18 meses de Alcaldía?

Moito traballo que se ve nos logros xa conseguidos como a adecuación do terreo para a piscina municipal, que está na última fase de adxudicación, conseguir a finalización da confección do Plan Xeral de Ordenación Municipal, os novos parques infantís, encher de mobiliario e posta en marcha a Casa de Cultura de Portosín, a adxudicación definitiva e comezo da obra da Casa de Cultura de Xuño, a creación de parques biosaudables, a posta en funcionamento da depuradora do Loreto e a construcción da de Orellán, a cobertura da TDT en todo o concello así como a rede Wifi-Wimax que vai colocar o municipio de Porto do Son como pioneiro das novas tecnoloxías no Barbanza. Tamén a posta en marcha da escola para a creación da Banda de Música, que tivo moitísimo éxito e no que os nenos e maiores do concello están moi involucrados, e a recuperación de dúas bandeiras azuis para as nosas praias.
Houbo estabilidade, diálogo cos veciños, capacidade de resolver problemas.

¿Que proxectos quedan pendentes?Esta debería ser a lexislatura para avanzar na mo-dernización de Porto do Son, buscando a recuperación de poboación e o emprego. Para isto son fundamentais a aprobación definitiva do PXOM, o polígono industrial, poñer en funcionamento o Viveiro de Empresas, promocionar o turismo, unha fonte importante de recursos, coa potenciación do Castro de Baroña co Plan Especial de Protección e a aprobación definitiva da incoación de Ben de Interese Cultural para este monumento. Lograr máis bandeiras azuis para as nosas praias, levar a cabo a reforma da fachada marítima, que xa debería estar feita hai dous anos se o goberno do PP no concello non a rexeitase; a gardería infantil; o novo cemiterio e non esgoto o que xa está en marcha ou debe de facerse na próxima lexislatura.
Brevemente. Cales son os puntos clave do seu programa electoral?
Xa citei como importantes a aprobación definitiva do PXOM, o polígono industrial, o Viveiro de Empresas e poñer en marcha o Plan Especial do Castro de Baroña, co seu Centro de Interpretación, ao que hai que engadir que queremos facer o tanatorio, unha gardería infantil, o abastecemento de auga en San Pedro de Muro, Xuño, Caamaño e Baroña, rematar a piscina municipal, a segunda fase do paseo marítimo, unha escola obradoiro para a creación do emprego xuvenil, a construcción do punto limpo, unha estación de autobuses, rematar a Casa de Cultura de Xuño e a mellora xeral das infraestruturas.

¿Como son as relacións coas outras administracións?

O Goberno Central e a Deputación da Coruña cola boraron con orzamentos para obras, das que destacaría o Museo do Mar e Etnográfico. Canto á Xunta, con traballo, bos proxectos e insistencia tamén se consiguen as cousas, como ocorreu coa solución para o Castro de Baroña ou a próxima declaración de BIC para o noso monumento máis importante, ou que se actuase na fachada portuaria do Son.
¿Que destacaría da súa lista electoral?
Xente nova, con ganas de traballar, co interese nos cidadáns e os seus problemas máis que na política partidista, que teñen ilusión por mellorar a vida de Porto do Son. Traen aire novo e fresco á política municipal.

¿Foi fácil facer esa renovación da lista electoral?

Non, no sentido que o Partido Socialista me deu a liberdade de escoller as persoas que considerase máis axeitadas. O difícil é confeccionar unha lista, convencer as persoas, ilusionalas e gardar os equilibrios para representar todas as parroquias, pero estou satisfeito do resultado.
¿Como se describiría como candidato?
Non é fácil falar ben dun mesmo, pero para min é un orgullo ser alcalde do meu pobo, traballar por el. Creo ser traballador, eficaz, que sei escoitar os veciños e que procuro solucionar os problemas.
En cultura, que foi res-ponsabilidade súa cando foi concelleiro, ¿que logros destacaría?
En primeiro lugar, encarreirar unha solución para o Castro de Baroña, que será un revulsivo cultural e turístico. Tamén continuar e rematar a Casa de Cultura de Portosín, aprobar a adxudicación definitiva e comezar a Casa de Cultura de Xuño. Ademais revitalizamos a colección do Cartafol da Memoria e demos un impulso a todo tipo de exposicións e actos culturais.
¿Que labor desenvolve-ron para os máis pequenos do municipio?
Fixemos novos parques infantís en Porto do Son, Portosín, Queiruga e San Pedro de Muro e renovamos o resto dos parques infantís do concello. Tamén se adecentou a zona da Atalaia cunha área recreativa e fixéronse importantes melloras nas instalacións deportivas, como o caso do pavillón de Portosín, ou as melloras das pistas polideportivas exteriores.

¿Que lle diría aos mozos para que o voten?

Pois que a próxima lexislatura debería ser a do crecemento e o emprego e para iso puxemos as bases xa coa creación do Viveiro de Empresas e a confección do PXOM que presupón tamón o Polígono Industrial necesario para a nosa vila. Melloramos as instalacións deportivas, instalamos a rede Wifi-Wimax en todo o concello, porque as novas tecnoloxías son importantes para medrar. Sen esquecer o esforzo en cultura e educación.
¡VOTA CAPACIDADE!
                      ¡VOTA ILUSION!
                            ¡POR PORTO DO SON!
  
                  ¡VOTA XOAN PASTOR!
 






jueves, 12 de mayo de 2011

SUSPENSION DA CAMPAÑA ELECTORAL

No día de hoxe o Partido Socialista de Galicia (PSOE), en solidaridade cos fallecidos no sismo de Lorca. suspendeu todo tipo de actividade electoral.
Dende o Partido Socialista de Galicia (PSOE) de Porto do son, queremos mostrar todo o noso apoio, os damnificados na procura de que a normalidade chegue canto antes a Lorca e a todas as zonas afectadas.

 O PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA (PSOE) DE PORTO DO SON, CAS VICTIMAS E DAMNIFICADOS DO SISMO DE LORCA.

Calendario de mitines

MITINES

CAAMAÑO (casa de cultura)

7 de maio

21:00 horas

FALARÁN:




Manuel Santos

Irma

PASTOR



RIBASIEIRA (casa de cultura)

8 de maio

11:00 horas

FALARÁN:

José

PASTOR

BAROÑA (casa de cultura)

12:30 horas

FALARÁN:

Luís Garcia

Marian Paredes

PASTOR


NOAL (bar A NOGUEIRA)

11 de maio

21:00 horas

FALARÁN:

Noelia Pouso

Varela

PASTOR


QUEIRUGA (casa de cultura)

14 de maio




21:00 horas

FALARÁN:

Juan José

Raúl Pouso




PASTOR


MIÑORTOS (casa de cultura)

15 de maio

18:30 horas

FALARÁN:

Ana Contreras

Javier Batalla

PASTOR

NEBRA (Local C. de Montes)

20:00 horas

FALARÁN:

Marian Paredes

FRAN CAAMAÑO

PASTOR


NEBRA (bar Mariño)

16 de maio

21:00 horas

FALARÁN:

Raúl Pouso

Marian Paredes

PASTOR


XUÑO (AAVV)

17 de maio

20:00 horas

FALARÁN:

Mariví

Josefa Hermo

PASTOR


PORTO DO SON (CASA DE CULTURA)

18 de maio

21:00 horas

FALARÁN:

Noelia Pouso

Ramón Leis

Marian Paredes

PASTOR


SAN PEDRO (casa de cultura)

19 de maio

21:00 horas

FALARÁN:

Luisa

Mariví

PASTOR

Mismo día mitin de ZAPATERO en A Coruña (autobuses gratis)
Punto de encontro: Explanada porto

Salida: 17:30 horas



PORTOSÍN (CASA DE CULTURA)

20 de maio

21:00 horas

FALARÁN:

Manolo do TITÁN

Ana Contreras

Ramón Leis

PASTOR




sábado, 7 de mayo de 2011

PORTO DO SON EN PRIMEIRA PERSOA. ¡XOAN PASTOR ALCALDE!

CAPACIDADE E ILUSION POR PORTO DO SON.


A pasada noite o noso Candidato Xoán Pastor Rodríguez, acompañado por algúns membros da súa candidatura, así como militantes e simpátizantes do partido, procederon a pegada simbólica de carteis, dando comenzo a campaña electoral que con CAPACIDADE E ILUSIÓN o levará a coller o timón da nosa querida Vila: PORTO DO SON.

¡VOTA CAPACIDADE!

                  ¡VOTA ILUSIÓN!

POR PORTO DO SON...


                           !VOTA XOÁN PASTOR !

jueves, 5 de mayo de 2011

PRESENTACION CANDIDATURA PS de G (PSOE) DE PORTO DO SON

Queremos presentar as persoas que forman parte da Candidatura do PS de G (PSOE), que está liderado polo noso Alcalde Xoan Pastor Rodriguez Santamaría., a presentación foi celebrada o pasado 1 de Maio na Casa de Cultura de Porto do Son, acompañados por moitos veciños/as, que quiseron estar con nós. así como a presencia do noso Secretario General Pachi Vázquez, compañeiros de outros pobos da Barbanza e os Candidatos a Alcaldia de Riveira, Andrés Fariña, o de Boiro Juan Jesús Ares, o de Rianxo Carlos Gey Hermo, así como o diputado autonómico José Manuel Lage.