Vistas de página en total

martes, 10 de febrero de 2015

#PrimariasPortoDoSon

Estimado compañeiro/a, veciño:


Tras o acordado na asamblea celebrada o pasado 8 de febreiro e debido ao desexo do actual Portavoz Municipal Socialista Xoan Pastor Rodríguez Santamaría de NON concurrir como candidato á alcaldía nas vindeiras Eleccións Municipais 2015, abrimos un prazo de presentación de candidaturas.


Se desexas presentar o teu proxecto para o noso concello baixo as siglas e ideario do PSdeG-PSOE, emplazámoste a poñerte en contacto con nós (a través dalgún compañeiro militante, por email: socialistasportodoson@gmail.com, por facebook: PSOE Porto do Son ou por twitter: @PSOEdoSon) e acudir a asamblea extraordinaria que se celebrará o vindeiro 20 de febrero ás 20:00 horas en primeira convocatoria e 20:30 horas en segunda para presentar as túas propostas e posteriormente proceder á elección por parte da Militancia Socialista de Porto do Son do/a Candidato/a para as Eleccións Municipais 2015


Coa seguinte orde do día:
·        Presentación do proxecto d@s posibles Candidat@s
·        Elección Candidato / a alcaldía de Porto do Son
·        Rogos e Preguntas.



Esperamos contar coas vosas ideas e presenza.


Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario