Vistas de página en total

miércoles, 29 de julio de 2015

Josefa Hermo e Luis García demandan que se priorice a presencia de socorristas naquelas praias con maior perigo para os bañistas e surfistas.

O Grupo Municipal Socialista de Porto do Son segue a denunciar a escasez de socorristas naqueles areais que teñen maior perigosidade como son as praias con mar aberto e fortes correntes.
“Non é suficiente con unha bandeira izada nin un flotador salvavidas, é indispensable contar coa presencia de persoal humano cualificado que advirta aos bañistas nas praias mais conflictivas”, afirma Josefa Hermo, que incide na necesidade de reforzar o servicio de socorrismo nas praias de Río Sieira, As Furnas e Espiñeirido, areais con maior perigosidade e fortes correntes mariñas cando xa se cobraron a vida dunha persoa e tiveron que ser rescatadas outras cinco.
Luis García pide asi mesmo explicacións de por qué non se cubriron tódalas prazas de socorrista polas que se obtivo subvención.
A portavoz socialista e o seu compañeiro de filas denuncian tamén. perda por parte do goberno actual de tódalas bandeiras azuis que lle foron concedidas ó concello de Porto do Son. “Ter unha bandeira azul implica que se cumpla e manteña unha calidade mínima nos servizos básicos de limpeza e acceso ás praias, así como servicios sanitarios e auga nas duchas, cousa que na actualidade non acontece”.
Neste sentido, os socialistas sonenses reclaman que o alcalde se poña mans á obra pois está fulminando toda a herdanza recibida dun goberno socialista.


miércoles, 15 de julio de 2015

Acta Sesión Extraordinaria Pleno 13 de Xuño de 2015

Os grupo municipal socialista reclamou no último pleno a publicación na web municipal das actas dos plenos e as xuntas de goberno, das declaracións de bens dos membros da corporación e doutras informacións de interese cidadá para favorecer a transparencia do goberno muncipal.

A partir de hoxe faremos públicas neste blog as actas dos Plenos e das Xuntas de Goberno Local da nova corporación municipal.

Acta SE pleno 13 xuño


sábado, 11 de julio de 2015

O PSOE de Porto do Son reclama ao alcalde mais transparencia e "que non goberne a base de decretazos"

Porto do Son, 10 de xullo de 2015.  O Grupo Socialista no Concello de Porto do Son reclamou no pleno celebrado onte na localidade “máis transparencia” no funcionamento do Goberno municipal e “máis diálogo” coa oposición. 

“A corporación municipal integrámola 13 concelleiros e non só os sete do Partido Popular”, afirmou a portavoz socialista, Josefa Hermo, que pediu ao alcalde que “non goberne a base de decretazos” e facilite a labor fiscalizadora da oposición “para que non teñamos que seguir enterándonos pola prensa dos plans do alcalde para Porto do Son”. 

Neste sentido, os socialistas sonenses solicitaron a publicación na web municipal das actas dos plenos e as xuntas de goberno, das declaracións de bens dos membros da corporación e doutras informacións de interese cidadá para favorecer a transparencia do goberno muncipal. 

O PSdeG solicitou tamén que se leve a cabo de forma urxente a limpeza da maleza das beirarrúas que van de Miñortos a a Carballosa, “que están literalmente intransitables”, dos accesos ás praias e de diversas pistas forestais da localidade, debido ao elevado risco de incendio que supoñen.

Asimesmo, preguntaron sobre os plans do alcalde para  a piscina municipal, o tipo de xestión que aplicará e cómo se realizará a selección de persoal.