Vistas de página en total

sábado, 11 de julio de 2015

O PSOE de Porto do Son reclama ao alcalde mais transparencia e "que non goberne a base de decretazos"

Porto do Son, 10 de xullo de 2015.  O Grupo Socialista no Concello de Porto do Son reclamou no pleno celebrado onte na localidade “máis transparencia” no funcionamento do Goberno municipal e “máis diálogo” coa oposición. 

“A corporación municipal integrámola 13 concelleiros e non só os sete do Partido Popular”, afirmou a portavoz socialista, Josefa Hermo, que pediu ao alcalde que “non goberne a base de decretazos” e facilite a labor fiscalizadora da oposición “para que non teñamos que seguir enterándonos pola prensa dos plans do alcalde para Porto do Son”. 

Neste sentido, os socialistas sonenses solicitaron a publicación na web municipal das actas dos plenos e as xuntas de goberno, das declaracións de bens dos membros da corporación e doutras informacións de interese cidadá para favorecer a transparencia do goberno muncipal. 

O PSdeG solicitou tamén que se leve a cabo de forma urxente a limpeza da maleza das beirarrúas que van de Miñortos a a Carballosa, “que están literalmente intransitables”, dos accesos ás praias e de diversas pistas forestais da localidade, debido ao elevado risco de incendio que supoñen.

Asimesmo, preguntaron sobre os plans do alcalde para  a piscina municipal, o tipo de xestión que aplicará e cómo se realizará a selección de persoal.




No hay comentarios:

Publicar un comentario