Vistas de página en total

martes, 8 de septiembre de 2015

O Equipo de Goberno de Porto do Son rexeita apoiar a inversión do Paseo Marítimo de Cabeiro que o PSOE local demandaba nos PGE 2016

Porto do Son, 8 de setembro de 2015.  O equipo de goberno de Porto do Son vota en contra de debatir a proposta socialista para construir o paseo marítimo que uniría Porto do Son e Cabeiro.

O Grupo Socialista no Concello de Porto do Son a través da diputada socialista no Congreso dos Diputados Paloma Rodriguez, presentaron unha enmenda ós Presupostos Xerais do Estado por un importe de 175.000 €, para iniciar os trámites de construcción do paseo marítimo que une Porto do Son con Cabeiro xa que o anteproxecto xa está elaborado dende o ano 2011.

Josefa Hermo afirma que “é moi beneficioso para o concello de Porto do Son xa que nos axuda a promocionar o sector turístico e potenciar a economía sonense, así como mellorar a seguridade vial para os alumnos do I.E.S de Porto do Son”. Na mesma liña e, en coordinación con Paloma Rodriguez, presentaron igualmente, unha proposición non de lei instando ó goberno central en coordinación coas administracións implicadas, a realizar a dotación económica necesaria para a construcción durante o ano 2016 do mencionado paseo marítimo.

Por todos estes motivos, o grupo municipal socialista de Porto do Son presentou unha moción de urxencia no pleno do luns instando ó equipo de goberno a apoiar tanto a enmenda como a proposición non de lei xa que na actualidade se está levando a cabo no Congreso dos Diputados o debate de enmendas para incluír e aprobar definitivamente os Presupostos xerais do Estado para o vindeiro ano.


Según relata Josefa Hermo “cal foi a nosa sorpresa, que o mandatario Luís Oujo xunto co seu equipo de goberno se negou á lectura e polo tanto á aprobación da moción urxente pese a estar rexistrada o mesmo día do pleno”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario