Vistas de página en total

jueves, 8 de octubre de 2015

Josefa Hermo reclama na Deputación inversións para Porto do Son

Hermo reúnese co presidente da Diputación para demandar melloras nos viales sonenses pertencentes á diputación e futuras inversións para o concello.

Porto do Son, 5 outubro de 2015. Josefa Hermo ven de reunirse no día de hoxe co recen nomeado presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso, para coñecer de primeira man o estado das inversións previstas polo ente provincial para o concello de Porto do Son.

A portavoz socialista do concello sonense, trasladoulle a necesidade imperiosa de finalizar o proxecto do vial DP-7103 que vai Laranga-Olveira polo perigo que entrana a falla de seguridade vial a día de hoxe. “Este é un proxecto que xa debería de estar rematado pero segue sendo un zafarrancho de unha obra construída a base de parches polo anterior goberno provincial”. Na mesma liña, solicitou a ampliación do vial DP-7101 que vai á Igrexa de Nebra e a renovación de carteis indicativos do vial DP-7102 que sube de Porto do Son a Ribasieira.

Josefa Hermo manifestou que “Foi unha reunión moi productiva xa que tamén tratamos propostas de inversión para reforzar a área de Servicios Sociais, e posibles subvencións para as áreas de cultura e deportes”.

Para os concelleiros socialistas Josefa Hermo e Luís García, a negociación e consecución de novas inversións para o concello de Porto do Son está sendo unha prioridade tanto a nivel provincial e autonómico como estatal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario