Vistas de página en total

martes, 17 de noviembre de 2015

O PSOE do Son apoia o cambio no modelo de reparto de posibilidades de pesca que demanda o cerco galego

José Ramón Val e Josefa Hermo denuncian o “silencio cómplice” do goberno galego fronte á redución continua de posibilidades de pesca

Porto do Son, 17 de novembro de 2015. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista no Parlamento Galego, José Ramón Val, reclamou hoxe un cambio de modelo no reparto de posibilidades de pesca para o cerco galego. Así o dixo acompañado da sonense Josefa Hermo durante a manifestación en defensa da flota galega que tivo lugar o pasado domingo na capital galega na que participou unha ampla representación de cargos públicos e organicos do PSdeG.

Val censurou o “silencio cómplice” do goberno galego do Partido Popular na Xunta mentres o goberno central maltrata, ningunea e se desentende da situación o cerco galego. Pois dende o propio executivo autonómico non se fixo nin unha soa declaración na súa defensa nin unha soa xestión demandando algunha solución.

Os socialistas lembran que as embarcacións do cerco galegas “veñen de recibir nos últimos días un novo revés en forma de peche da pesquería de xurelo na zona IX A”. Os 120 buques afectados son os mesmos que viron cómo se lles prohibía pescar bocarte na mesma zona dende o mes de febreiro, unha especie que permanece pechada na VIII C dende comezos de agosto e o xurelo dende o 15 de setembro.

"Este é un problema político que o PP non quere nin sabe solucionar" asegurou a concelleira socialista Josefa Hermo, "polo que o 20D teremos a oportunidade definitiva de darlle un xiro a esta situación si a xente confie en quenes apostamos por sectores estratéxicos coma o pesqueiro ou o gandeiro"


No hay comentarios:

Publicar un comentario