Vistas de página en total

sábado, 7 de mayo de 2016

O PSOE do Son valora deixar plantado ao equipo de goberno sonense no pleno do vindeiro mércores

Os concelleiros do Grupo Municipal Socialista de Porto do son recibiron con estupefación o pasado venres a convocatoria do pleno ordinario correspondente ao mes de maio. O motivo: non foron incluidas na orde do día as mocións rexistradas en tempo e forma polos socialistas, e hoxe coñecemos que tampouco se incluiron as do resto de partidos da oposición, sen unha explicación creible por parte do mandatario sonense.

Estamos acostumados a que o alcalde rexeite todalas mocions de urxencias sen tan sequera molestarse en leelas, pero esto de que se atreva a non incluir na orde do día as mocións rexistradas en tempo e forma é unha actitude rancia e caciquil pouco democrática

Sabemos que as mocións que tiñamos rexistradas son incómodas para o PP local porque poñen en evidencia as deficiencias en políticas sociais do noso concello pero tamén dos gobernos autonómico e central, pero non por elo vamos a deixar de plantexar solucións aos problemas dos nosos veciños do Son nestes tempos de crise.

O pleno en cuestión era o ordinario correspondente ao mes de maio pero tivo que ser adiantado para corrixir "o último día e á última hora" erros na tramitación dos proxectos incluidos no PAI, o que evidencia unha vez mais a improvisación e falla de organización do actual equipo de goberno

viernes, 18 de marzo de 2016

Resumo do pleno celebrado o 17 de marzo

Resolución dos principais puntos tratados na orde do día do pleno celebrado o 17 de marzo de 2016:

2) O PAI non é unha subvención, é un préstamo que computa como débeda, consideramos que as obras incuidas neste plan para este ano son IMPORTANTES pero NON URXENTES e se deberían ter acometido co POS ou o PAS da Deputación

4) APROBAMOS por unanimidade a creación dunha mesa contra a Violencia de Xénero

5) O PP votou en contra da proposta socialista de pedirlle á Xunta que organice mais cursos para obter o carné de fitosanitarios

6) APROBAMOS por unanimidade a proposta socialista de establecer unha taxa ás entidades bancarias que teñan os caixeiros automáticos cara a rúa

7) O PP votou en contra de mellorar a transparencia no noso concello

8) APROBAMOS por unanimidade solicitar que a Festa de Exaltación do Polbo sexa declarada Festa de Interés Turístico de Galicia

10) Na parte de rogos e preguntas pedimos explicacións sobre a situación de embargo do parque eólico de Xuño e os pagos a xente que iba na lista electoral do PP

martes, 15 de marzo de 2016

O PSOE do Son preocupase pola situación do parque eólico de Xuño

O Grupo Municipal Socialista de Porto do Son pedirá, no pleno ordinario do xoves 17 de marzo, explicacións sobre a relación actual do concello coa filial de Vidal Armadores dedicada ao sector eólico no termo municipal sonense.
O concello de Porto do Son, como administración local, otorgou no seu día a concesión do parque eólico sito no monte comunal da parroquia de Xuño, a Proyectos y desarrollos renovables SL. Dita empresa pertence ó grupo empresarial Vidal Armadores da que, a pasada semana quedaban 6 membros baixo fianza acusados de delitos contra o medio ambente, blanqueo de capitais, e falsedade documental entre outros.
"A nosa preocupación é si o equipo de goberno de Luis Oujo segue mantendo a día de hoxe relación con dito grupo empresarial" sinala a portavoz municipal xa que "nos consta que o parque eólico do monte comunal de Xuño está embargado por unha entidade bancaria e o alcalde non deu a día de hoxe explicacións ós veciños". O grupo municipal socialista amósase preocupado e, en reiteradas ocasións en plenos anteriores demandoulle ó executivo sonense máis transparencia referido a este asunto. "O alcalde non ven de aclarar si o concello percibeu algunha cantidade pola productividade deste parque eólico nin tampouco qué xestións xudiciais en caso de non percibir cantidade algunha vai a levar a cabo".
Dende o PSOE do Son, consideran que este asunto ten a suficiente importancia e relevancia como para dar explicacións detalladas en primeira instancia ós veciños comuneiros de Xuño e ós do concello do Son en xeral.



jueves, 3 de marzo de 2016

O PSdeG pide en Portosín que En Marea apoie a investidura de Pedro Sanchez

Hoxe, José Ramón Besteiro estivo en Portosín, acompañado dos portavoces de pesca do Senado e do Parlamento Galego, para pedir un reparto xusto de cuotas para os mariñeiros do cerco do noso Concello. 
Hai xa uns meses que Pedro Sanchez se comprometeu a renegociar o actual reparto de cuotas de pesca. Agora, o Secretario xeral dos Socialistas de Galicia anuncia que o PSOE quere pór en marcha un novo sistema de reparto de cotas de pesca distinto ao actual, un novo reparto baseado en criterios xustos e cos cales garantir en todo o Estado unha única negociación e un único reparto.
A aposta pola rexeneración das rías, a reindustrialización do sector naval, e a renegociación de cuotas lácteas e pesqueiras son medidas avaladas polo partido en toda España e que cremos que poden ser compartidas por outros partidos galegos con presenza en Madrid. O que pedimos é que se abandone a demagoxia, o tacticismo político e os intereses partidistas porque temos importantes coincidencias para facer realmente un goberno de cambio.
Se estes novos partidos queren un cambio real, pódese facer xa. Non teñen que esperar porque o novo goberno que se pode constituír xunto a Pedro Sánchez vai respaldar estas posicións comúns.

O cambio é posible, así o pensan tamén os mariñeiros do cerco e os mariscadores. 
O que realmente lle preocupa á xente do mar é que se solucionen os seus problemas. De nada van servir as escusas, nin o tacticismo para buscar só os intereses de determinados partidos políticos.
É o momento de apostar por Galicia, pensar na súa cidadanía, nas reformas que se poden facer e nos beneficios que se poden traer e deixar á marxe posturas demagóxicas que non son entendidas nin comprendidas polos cidadáns.
O PSOE segue coas mans tendidas a eses espazos comúns de cambio

martes, 23 de febrero de 2016

Os socialistas de Porto do Son pregan que os veciños do concello asistan ao pleno do vindeiro xoves 25 de febreiro donde se debatirá o PXOM.

Así o fixo constar mediante nota de prensa a súa portavoz municipal Josefa Hermo e o concelleiro Luís García. “Cantos máis veciños asistan, máis se enteraran do oscurantismo co que se tratou este asunto de tanta relevancia para o noso concello” declara Josefa.
Para iso, o luns solicitamos por escrito e a través do rexistro municipal, unha petición para que o pleno extraordinario do vindeiro xoves día 25, no que se procederá á aprobación final do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Porto do Son, se celebre no salón de actos da Casa de Cultura sonense dado que o aforo do Centro de Interpretación do Castro Baroña, donde se celebran os plenos habitualmente, non vai ser suficiente para acoller a todos os asistentes dada a alta expectación que suscita na poboación sonense a aprobación dun documento coma este.
O oscurantismo co que se levou a redaccion do documento é tal que non se lle quixo dar á oposicion informacion detallada dos avances pese a que xa en agosto de 2015 o PSdeG sonense, solicitou por rexistro unha reunion, para analizar de forma conxunta as directrices políticas que se estaban seguindo para configurar o urbanismo futuro do noso territorio e “da que ainda non tivemos resposta nin convocatoria”.
Ademais, pese a pedir reiteradamente o documento final, non se nos facilitou copia do mesmo ata o pasado venres alegando erratas que habia que corrixir. Esto deixanos á oposición con un tempo insuficiente de apenas 4 ou 5 dias para revisar, analizar e aclarar as irregularidades do documento final.