Vistas de página en total

domingo, 5 de marzo de 2017

O PSOE de Porto do Son pide que as aportacións da Xunta aos concellos sexa cos mesmos criterios xustos e equitativos da actual Deputacion da Coruña

O Grupo Municipal Socialista de Porto do Son, ven de rexistrar unha mocion para debatir no vindeiro pleno ordinario do mes de marzo na que solicita que os fondos que a Xunta de Galicia asigna aos concellos a traves do Fondo de Cooperación Local se transfiran coa mesma transparencia e criterios xustos e equitativos que está a seguir o actual goberno da Deputación da Coruña presidido polo socialista Valentín Gonzalez Formoso

O novo Plan Único de Concellos POS+2017 está a marcar un novo camiño na distribución de fondos con criterios obxectivos (os criterios POS), uns criterios altamente aceptados pola maioría dos concellos da provincia.

Aplicando estes criterios, a Deputación da Coruña está a incrementar a cantidade asignada a cada concello e reduce así as caprichosas subvencións "nominativas" que ata o de agora utilizaban o Presidente de turno sen criterio.

O concello de Porto do Son viña recibindo (nos últimos 4 anos) unha media de 759.053 € pero este ano co novo Plan Único POS+2017 correspóndenlle 865.942 €. Non só recibiremos mais que a media dos últimos anos senon que tamén poderemos acollernos ao Plan de Medio Ambente (PMA), ao Plan de Emprego Local (PEL) e ao resto de subvencións do ente provincial. A Deputación ainda podía aportar máis aos concellos, pero o Ministerio de Facenda impide investir o remanente positivo total que teñen algunhas Administracións Públicas como a Deputación da Coruña.

É por todo isto que o Grupo Municipal Socialista de Porto do Son solicitará o apoio do resto de partidos políticos da corporación sonense para aprobar unha iniciativa que podería supoñer un aumento considerable de fondos para poder acometer importantes melloras de no noso concello



Concelleiros do PP sonense cobraron mais de 5.000 € por unhas Xuntas de Concelleiros Delegados das que non hai constancia que se celebren

O Grupo Municipal Socialista de Porto do Son quere denunciar que hai concelleiros do PP que non teñen dedicación exclusiva nin parcial pero cobran 150 € por asistir a unhas Xuntas semanais de Concelleiros Delegados das que non hai constancia documental que se celebren.

Levamos dende o comezo da lexislatura solicitando as actas desas xuntas a traves de peticións no rexistro do concello e mesmo con rogos/preguntas nos plenos ordinarios sin obter unha explicación creible.

"Non sabemos si esas Xuntas de Concelleiros Delegados se celebran porque non hai actas pero sí sabemos que o alcalde ordena mediante decreto que se lles paguen" explica a voceira socialista Josefa Hermo

Volveremos a pedir as actas desas Xuntas no vindeiro pleno ordinario que se celebrará o vindeiro 9 de marzo e de volver obter unha resposta negativa acudiremos ao Valedor do Pobo